Estás en:
Atrás
As Axudas destinadas a Ecosistemas de Innovación CDTI
Atrás
26/01/2024
As Axudas destinadas a Ecosistemas de Innovación CDTI
A convocatoria para a concesión de axudas para Ecosistemas de Innovación no marco do Plan Estatal de Investigación e Innovación Científica e Técnica 2021-2023, na súa edición de 2023, é unha iniciativa do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, a través do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI) que ten como finalidade promover a innovación e a transferencia de coñecemento. A axuda, cun orzamento de 13,3 M€, enmárcase no Compoñente 17 de “Reforma institucional e fortalecemento das capacidades do sistema nacional de ciencia, tecnoloxía e innovación” do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Esta convocatoria contribúe ás actuacións definidas no PERTE Aeroespacial, concretamente á ACT18 “Ecosistema de innovación aeroespacial”, que sinala que se priorizarán os ecosistemas de innovación no ámbito aeroespacial, cun orzamento estimado de 3 millóns de euros. As actuacións obxecto de axuda nesta convocatoria poderán ter unha intensidade máxima do 50 % dos gastos subvencionables. O orzamento mínimo subvencionable será dun millón de euros e o máximo de 3 millóns. O prazo de execución da actuación será plurianual, debendo comezar con posterioridade á presentación da solicitude de axuda e finalizar o 31 de decembro de 2025. En todo caso, as axudas deberán solicitarse para o ano 2024 e a actuación deberá estar vinculada as tecnoloxías prioritarias Cervera. O prazo de presentación de solicitudes e documentación que a acompaña comezou o 11 de xaneiro e rematará o 12 de marzo de 2024, ás 12.00 horas. As solicitudes deberán presentarse por vía electrónica na sede electrónica do Centro de Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (CDTI).