Estás en:
As axudas do Plan Moves cobraranse no momento da compra do coche
As axudas do Plan Moves cobraranse no momento da compra do coche
O Ministro de Industria en funcións, Héctor Gómez, anunciou na Gala da Mobilidade e a Automoción que se celebrou na Cidade da Mobilidade de Zaragoza, organizada por Anfac, Faconauto, Sernauto e Fundación Ibercaja, que son conscentes de que o Plan Moves ten as suas fotalezas e debilidades. Por iso, comprométese, dende un punto de vista temporal, a flexibilizar as axudas para que se cobren cando se adquira o vehículo. Así de contundente foi o ministro, sobre unha das peticións máis recorrentes que se lle fixeron á Administración para mellorar o programa de axudas para a compra de coches eléctricos e híbridos enchufables. Na actualidade, estas axudas (e as que se conceden para a instalación de postes de recarga) tardan un ano ou máis en cobrarse, o que fai que perda atractivo e as vendas destes modelos apenas supoñan o 12% do mercado. Non obstante, o Goberno aínda ten que anunciar que estenderá ese plan máis aló do 31 de decembro, cando caducaría.
Neste contexto, o ministro en funcións tamén quixo lembrar que o Goberno está a ultimar a posta en marcha dunha terceira convocatoria do Perte VEC vehículo eléctrico e conectado, dotado polo menos con 1.200 millóns de euros.
Tamén se fixo referencia a resolución da segunda convocatoria do PERTE VEC, especialmente aos plans de Stellantis en España. Neste sentido, Gómez quixo amosar o seu "compromiso total e absoluto" para lograr a implantación en Aragón dunha fábrica de baterías da multinacional Stellantis.