Estás en:
As axudas para instalacións manufactureiras altamente eficientes e descarbonizadas do PERTE para a Descarbonización Industrial
As axudas para instalacións manufactureiras altamente eficientes e descarbonizadas do PERTE para a Descarbonización Industrial
Abriuse a convocatoria de axudas para o desenvolvemento de instalacións manufactureiras altamente eficientes e descarbonizadas con fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), cun orzamento de 140 millóns de €.
O obxectivo desta convocatoria é financiar proxectos tractores industriais que permitan a creación de novas instalacións de fabricación altamente eficientes e descarbonizadas. Estas instalacións deben ser innovadoras e orientadas a reducir drasticamente as emisións, empregando nos seus procesos tecnoloxías limpas e enerxías renovables.
Estas axudas están dirixidas a sociedades mercantís privadas con personalidade xurídica propia que desenvolvan algunha actividade industrial, legalmente constituídas en España e debidamente inscritas no rexistro correspondente, con calquera forma e dimensión xurídicas e cunha experiencia mínima de tres anos no sector industrial. .
As solicitudes deberán presentarse dende o 5 de setembro de 2024 ata o 26 de setembro de 2024.