Atrás

As axudas para proxectos de dixitalización de comunidades de usuarios de auga para regadío

Atrás
03/11/2023

As axudas para proxectos de dixitalización de comunidades de usuarios de auga para regadío

O programa de axudas a proxectos de dixitalización das comunidades de usuarios de auga para regadío ten como obxectivo subvencionar proxectos de dixitalización que contribúan a mellorar o coñecemento dos usos da auga e a transparencia na xestión administrativa do regadío. Esta primeira convocatoria conta cun orzamento de 100 millóns de euros. Como norma xeral, establécese unha axuda máxima por proxecto de 2 millóns de euros, e unha axuda mínima por proxecto de 100.000 euros. No caso de que o proxecto sexa presentado por unha Comunidade de Usuarios de Augas Subterráneas ou por unha agrupación na que unha ou máis das entidades beneficiarias integrantes sexa unha Comunidade de Usuarios de Augas Subterráneas, establecese unha axuda máxima por proxecto de 4 millóns de euros, e unha axuda mínima por proxecto de 100.000 euros. Ademais, da cuantía máxima da convocatoria resérvanse 60 millóns de euros para a subvención de determinados proxectos.

O prazo de solicitude das axudas vai dende o 30 de outubro de 2023 ata o 13 de decembro de 2023.