Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.

 

Convocatorias Convocatorias

Atrás

Axudas a entidades locais de Galicia titulares de bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, para a adquisición de novidades editoriais (programa A) e para a mellora das coleccións (programa B), ambas en formato físico

Atrás
07/03/2022

Axudas a entidades locais de Galicia titulares de bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, para a adquisición de novidades editoriais (programa A) e para a mellora das coleccións (programa B), ambas en formato físico

Será financiable polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia o Programa B de Subvencións para a mellora das coleccións bibliográficas en formato físico cun orzamento de 350.000 euros.

Poderán ser beneficiarias desta subvención todas as entidades locais de Galicia que:

a) Sexan titulares de bibliotecas ou axencias de lectura públicas, entendidas como aquelas de uso público xeral nos termos establecidos nos artigos 3, parágrafo 1.2.a), 19, 20, 24 e 25 da Lei 5/2012, do 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia, e nos artigos 10, 11 e 13 do Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia de bibliotecas.

b) Estean ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, segundo o establecido no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 11 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

c) Teñan cumprido o establecido no artigo 4.1 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

Tamén poderán ser beneficiarias destas axudas as agrupacións de concellos para a prestación de servizos bibliotecarios comúns. As ditas agrupacións deberán estar debidamente acreditadas e os concellos integrantes da agrupación deberán cumprir, individualmente, os requisitos establecidos na presente orde.

Enlaces


Expresións de interese Expresións de interese