Estás en:
Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.
Convocatorias
Axudas a organismos de investigación e difusión de coñecementos para proxectos de I+D para dar resposta aos retos dos destinos turísticos
Axudas a organismos de investigación e difusión de coñecementos para proxectos de I+D para dar resposta aos retos dos destinos turísticos
Xerar novos coñecementos científicos que supoñan un avance significativo da frontera de coñecemento actual no ámbito turístico mediante investigación orientada á busca de solucións aos principais retos medioambientais, económicos e tecnolóxicos aos que se enfrentan os destinos turísticos en España.
Actuacións: actuacións encamiñadas á produción de coñecemento científico e proxectos de I+D en relación cos seguintes retos dos destinos turísticos:
a) Recuperación e resiliencia do destino .
b) Mobilidade sostible, intelixente, conectada e integrada no destino.
c) Cambio climático, estratexias e medidas de adaptación e mitigación no destino; pegada de carbono, modelización de impactos, estratexias públicas e privadas, etc.
d) Sustentabilidade, transición ecolóxica e economía circular no destino.
e) Medición, modelización e análise da actividade turística no destino.
f) Innovación de produto ou proceso no destino
g) Dixitalización
Beneficiarios:
- Organismos de investigación e de difusión de coñecementos sen ánimo de lucro con residencia fiscal ou un establecemento permanente en España.
- Os proxectos poderán ser presentados de forma individual ou en agrupación.
- Os proxectos financiados serán executados por equipos de investigación dirixidos por un ou dous Investigadores Principais (IP), segundo se especifique na solicitude de axuda presentada.