Atrás

Axudas bono social para conexión a Internet de familias vulnerables

Atrás
18/10/2024

Axudas bono social para conexión a Internet de familias vulnerables

O programa UNICO Bono Social é unha iniciativa do Ministerio de Transformación Dixital e Servizo Público que ten como obxectivo a concesión de bonos para a conexión a Internet de familias vulnerables.

Este programa forma parte do Compoñente 15: Conectividade Dixital, promoción da ciberseguridade e despregamento de 5G, do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Está dotada cun orzamento global de 30 millóns de € repartidos entre as comunidades autónomas e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla, responsables da súa concesión.

Este bono está dirixido a axudar ás familias en situación económica vulnerable cun desconto na tarifa de conexión a internet de banda ancha ultrarrápida. Ofrécese un bono que abrangue a contratación de servizos de banda longa ou a mellora da velocidade dos servizos xa contratados, cunha velocidade mínima de 30 Mbps.

O programa ten un máximo de 125.000 concesións de bonos de conectividade para colectivos vulnerables.

Cada bono dixital terá un importe máximo de 240 € que se distribuirá en 12 mensualidades de tal forma que se aplicará unha redución mensual de ata 20 € ao importe final da factura, IVE non incluído, emitida polo correspondente operador colaborador.

Na páxina web do Ministerio de Transformación Dixital e Servizo Público publicouse a mediados de setembro a relación de operadores que actúan en cada Comunidade Autónoma como colaboradores do programa UNICO Bono Social.

O prazo para optar a esta axuda nas plataformas de cada Comunidade Autónoma prorrógase ata o 31 de decembro de 2024.