Estás en:
Axudas dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais para a elaboración e execución de Proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do PRTR
Axudas dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais para a elaboración e execución de Proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do PRTR
A Consellería de Lingua, Cultura e Xuventude publicou, en data 14 de outubro de 2024, a Resolución de 7 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Xuventude, pola que se publica a Resolución de 4 de outubro de 2024, de concesión das subvención sao amparo da Orde de 16 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais para a elaboración e execución de Proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional.
A convocatoria, publicada no DOG de 29 de xullo de 2024 e cuxo prazo de presentación de solicitudes vencía o 29 de agosto, establecía un orzamento máximo de 761.331,20€. Seleccionáronse un total de 15 beneficiarios, dos cales 6 son entidades locais e 9 son entidades de acción voluntaria, sendo o importe total concedido de 235.505,20€ (un 31% do total orzamentado).
- Axudas concedidas a entidades locais
| NIF | Nombre beneficiario | Importe |
| P1509000D | Ayuntamiento de Vedra | 20.140 € |
| P3207100C | Ayuntamiento de San Xoán de Río | 15.000 € |
| P3205300A | Ayuntamiento de Nogueira de Ramuín | 15.000 € |
| P3209000C | MVMC de Barcela y Vilauxín | 3.100 € |
| P3603300I | Ayuntamiento de Mos | 9.120 € |
| P3604200J | Ayuntamiento de Ponteareas/Oficina Municipal de Voluntariado | 25.000 € |
| TOTAL | 87.360 € | |
- Axudas concedidas a entidades de acción voluntaria
| NIF | Nombre beneficiario | Importe |
| G10818920 | Escuela de Tiempo Libre Colaxe | 18.000 € |
| G15752660 | Fundación Ronsel | 15.000 € |
| G15450828 | Federación de Centros Juveniles Don Bosco de Galicia | 15.000 € |
| G15210388 | Asociación Antonio Noche | 10.992 € |
| G27505916 | Asociación Pratodo | 17.000 € |
| G70377585 | Valoresc Innovation | 25.000 € |
| G32345274 | Asociación Cultural, Social, Ecolóxica e Económica Os Tres Reinos | 25.000 € |
| G32302671 | Asociación Limisi, para la promoción de las personas con diversidad funcional de la comarca de A Limia | 15.000 € |
| G94153053 | Asociación para el Desarrollo Educativo y Cultural, ADEC | 7.153,20 € |
| TOTAL | 148.145,20 € | |