Atrás

Axudas para o financiamento de proxectos do programa UNICO Banda Ancha 2024

Atrás
04/09/2024

Axudas para o financiamento de proxectos do programa UNICO Banda Ancha 2024

As axudas para o financiamento de proxectos do programa UNICO Banda Ancha, na súa edición de 2024, son unha iniciativa do Ministerio de Transformación Dixital e Servizo Público destinada a promover o despregamento de redes de banda ancha ultrarrápida en España.

Esta convocatoria, cun orzamento de 25,4 millóns de €, enmárcase dentro do Compoñente 15 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, concretamente no investimento C15.I1 "Extensión da banda ancha ultrarrápida".

A convocatoria ten como obxectivo proporcionar conectividade de alta velocidade a todas as rexións do país, reducindo a fenda dixital entre as zonas rurais e urbanas. O programa busca financiar proxectos que despreguen infraestruturas de banda ancha capaces de proporcionar velocidades simétricas de polo menos 300 Mbps.

As axudas están dirixidas a persoas xurídicas pertencentes ao sector privado, que teñan a condición de operador debidamente autorizado e que presenten proxectos de implantación de redes de banda ancha en cada un dos 52 lotes ou zonas de concorrencia , coincidindo con outras tantas provincias e cidades autónomas españolas.

O prazo de presentación de solicitudes remata ás 13:00 horas do 23 de setembro de 2024.