Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.

 

Convocatorias Convocatorias

Atrás

Axudas para proxectos de dixitalización de última milla en empresas do sector turístico no marco do PRTR

Atrás
02/07/2022

Axudas para proxectos de dixitalización de última milla en empresas do sector turístico no marco do PRTR

25 Millóns en axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de dixitalización de «última milla» a agrupacións de entidades cuxa actividade, ben sexa directa ou  verticalizada, estea orientada ao sector turístico en xeral ou a calquera dos seus subsectores produtivos. Os tipos de actuacións e proxectos susceptibles de recibir as axudas do programa serán os seguintes:

a) Liña 1: Proxectos de desenvolvemento tecnolóxico innovadores que incorporarán tecnoloxías emerxentes ou de novo desenvolvemento con risco tecnolóxico medio/baixo regulados no artigo 6.

b) Liña 2: Proxectos de implantación e adopción de novas tecnoloxías que incorporarán tecnoloxías  testadas previamente no mercado con risco tecnolóxico baixo reguladas no artigo 7.

Gastos subvencionables:

  • Gastos de persoal técnico directamente involucrado na execución das actuacións ou proxectos
  • Os custos de instrumental e material inventariable na medida e durante o período en que se utilicen para o proxecto.
  • Gastos xerais e outros gastos de explotación adicionais, incluídos os custos de material, subministracións e produtos similares, que se deriven directamente do proxecto.
  • Custos de investigación contractual, coñecementos técnicos e patentes adquiridas ou obtidas por licenza de fontes externas a prezos de mercado.
  • Permítese imputar como gasto subvencionable os gastos asociados aos informes de auditoría externa esixidos.

Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios destas axudas, na forma de agrupación prevista no artigo 11.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro. As empresas do sector turístico definidas no artigo 3 sempre que estean validamente constituídas, teñan personalidade xurídica propia e domicilio fiscal en España (Consultar CNAE nas bases reguladoras). Empresas cuxa actividade lles permita constituírse en socios tecnolóxicos e con experiencia demostrable no ámbito turístico.


Expresións de interese Expresións de interese