Atrás

Axudas para proxectos piloto singulares de comunidades enerxéticas 2024

Atrás
16/10/2024

Axudas para proxectos piloto singulares de comunidades enerxéticas 2024

A quinta e a sexta convocatorias do programa CE Implementa son unha iniciativa do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, xestionada a través do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) cuxo obxectivo é promover a creación de comunidades enerxéticas en España.

Ambas convocatorias, dotadas en conxunto con 120 millóns de € dos fondos europeos Next Generation EU, enmárcanse no Compoñente 7: Despregamento e integración das enerxías renovables e no Compoñente 31: REPoweR EU, do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. As devanditas axudas contribúen ao investimento 4: Proxectos de enerxías limpas en concellos de menos de 5.000 habitantes, do Compoñente 2: Plan de rehabilitación de vivendas e rexeneración urbana.

As comunidades enerxéticas, de acordo coa normativa europea, son instrumentos que permiten aos cidadáns producir, consumir, almacenar, compartir e vender colectivamente enerxías renovables.

A súa finalidade principal é proporcionar beneficios ambientais, económicos e sociais aos seus membros e ao medio no que desenvolve a súa actividade, máis que rendibilidade financeira.

Aínda que non se limitan ao ámbito eléctrico e poden beneficiarse de fontes térmicas, solucións de mobilidade ou eficiencia enerxética. As comunidades están directamente vinculadas ao autoconsumo, un ámbito que se está a desenvolver a gran velocidade en España: a potencia instalada multiplicouse por 20 dende o ano 2018 e xa supera os 5 GW.

O orzamento conxunto de ambas as convocatorias ascende a 120 millóns de € do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Poden beneficiarse desta liña de axudas aquelas entidades xurídicas, públicas ou privadas, legal e validamente constituídas, que teñan o seu domicilio fiscal en España e que formen unha Comunidade de Enerxías Renovables ou unha Comunidade Cidadá da Enerxía. As entidades públicas deben establecer comunidades enerxéticas como unha entidade separada para poder participar.

As solicitudes deben presentarse a través da sede electrónica do IDAE ata o 31 de outubro de 2024 .