Estás en:
Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.
Convocatorias
Axudas públicas a proxectos de colaboración público-privada no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia
Axudas públicas a proxectos de colaboración público-privada no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia
Proxectos de desenvolvemento experimental de colaboración público-privada entre entidades empresariais e organismos de investigación. A contía das axudas ou orzamento financiable non poderá́ ser inferior a 400.000 euros nin superior a 15 millóns por entidade e por proxecto.
• O proxecto implicará a colaboración efectiva entre, ao menos, unha empresa e un ou varios organismos de investigación .
• A suma das porcentaxes de participación empresarial (empresas e asociacións empresariais sectoriais) deberá́ ser, ao menos, do 51 % do orzamento total presentado, sen que ningunha entidade supere o 70 % de dito orzamento.
Son proxectos de desenvolvemento experimental aqueles dirixidos á adquisición, combinación, configuración e emprego de coñecementos e técnicas xa existentes, de índole científica, tecnolóxica, empresarial ou de outro tipo, con vistas á elaboración de produtos, procesos ou servizos novos ou mellorados. Poderá́ incluír tamén, por exemplo, actividades de definición conceptual, planificación e documentación de novos produtos, procesos ou servizos.
Entidades beneficiarias:
a) Organismos públicos de investigación.
b) Universidades públicas e seus institutos universitarios.
c) Institutos de investigación sanitaria acreditados.
d) Outros centros públicos de I+D+i, con personalidade xurídica propia, que nos seus estatutos ou na normativa que os regule ou no seu obxecto social teñan a I+D+i como actividade principal.
e) Centros tecnolóxicos de ámbito estatal e centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal.
f) Universidades privadas con capacidade e actividade demostrada en I+D.
g) Centros privados de I+D+i, con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro, que teñan definida nos seus estatutos ou na normativa que os regule ou no seu obxecto social a I+D+i como actividade principal.
h) Empresas.
i) Asociacións empresariais sectoriais .
j) Centros de I+D a que se refire a disposición adicional 14ª da Lei 14/2011, de 1 de xuño , e os centros públicos de I+D+i de investigación agraria ou alimentaria dependentes das Comunidades Autónomas integrados no sistema INIA-CCAA .