Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.

 

Convocatorias Convocatorias

Atrás

Axudas públicas para a modernización das pequenas e medianas empresas do sector do libro

Atrás
05/04/2022

Axudas públicas para a modernización das pequenas e medianas empresas do sector do libro

Poderán solicitar estas subvenciones persoas xurídicas e físicas (autónomos), con residencia fiscal permanente en España, e que cumpran os seguintes requisitos no momento da realización da solicitude:

a) Editoriais: ter como actividade e obxecto social principal a edición de libros e/ou revistas culturais e unha facturación inferior a 10 millóns de euros no ano 2021.

b) Empresas distribuidoras: estar rexistradas como tales no epígrafe do IAE co código 619.6 correspondente a «Comercio por xunto de libros, xornais e revistas» e ter unha facturación menor de 20 millóns de euros, da cal polo menos o 60% ha de ser en libros e/ou revistas culturais.

c) Librerías que estean dedicadas á venda de libros, que conten con ata cinco establecementos, con independencia do seu número de empregados, e cuxa oferta editorial será consecuencia da súa decisión autónoma: ter como actividade e obxecto social principal a venda de libros e un volume total de facturación inferior a 5 millóns de euros.

d) Empresas dedicadas ás artes gráficas: estar rexistradas como tales no epígrafe do IAE co código 474 correspondente a «Impresión de textos ou imaxes por calquera procedemento ou sistema».

Os proxectos de investimento presentados poderán destinarse, entre outras, ás seguintes áreas de modernización estrutural:

1) Ferramentas de xestión editorial (1.57 M): Sistemas de xestión integral administrativa (facturación, xestión de almacéns, liquidación de depósitos, liquidación de dereitos de autor, bases de datos). Xestión de produción (programación de tarefas desde a recepción do manuscrito ata a venda). Ferramentas contables. Aplicacións para a facturación electrónica. Aplicacións para intercambios ( SINLI,  DILVE, por exemplo). Realización de páxina web con  prestashop e integración do módulo de xestión coa páxina web. Outras ferramentas como  power  bi (módulo para obter mellores estatísticas).

2) Modernización de empresas distribuidoras de libros (4 M): implantación de melloras na loxística do libro e a distribución de contidos (sexan estes impresos ou dixitais): Sistemas de xestión de almacén. Sistemas de codificación e control. Sistemas de xestión de pedidos e clientes. Integración  POD 1x1/  IBD 1x1. Integración en  Marketplace e outras plataformas (tanto de libros dixitais como impresos).

3) Modernización de librerías, para mellorar a súa competitividade e para facelas máis sostibles (5.57 M):  Adquisición de fibra óptica de alta velocidade en librerías. Adquisición de equipos ou programas de xestión interna de librerías e de xestión de web. Implantación do márketing dixital nas librerías. Transformación en «librerías verdes» (mellora na reciclaxe, no uso enerxía).

4) Plan para o desenvolvemento e implantación da impresión baixo demanda do sector do libro (0.875 M):  Modernización de máquinas, procesos e sistemas de impresión dixital. Integración  POD 1x1/  IBD 1x1 (inclusión do sistema  POD no circuíto de distribución e venda de librerías e consolidación de pedidos por esta vía).

A execución dos proxectos poderase levar a cabo entre o 27 de abril de 2021 e o 30 de abril de 2023, prazo no cal se han de realizar os correspondentes gastos.

Enlaces


Expresións de interese Expresións de interese