Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.

 

Convocatorias Convocatorias

Atrás

Axudas selectivas para a produción de longometraxes sobre proxecto

Atrás
24/05/2022

Axudas selectivas para a produción de longometraxes sobre proxecto

16 millóns de euros limitadas a proxectos que se atopen dentro dunha das seguintes categorías:

a) Que posúan un especial valor cinematográfico, cultural ou social.

b) Que sexan de carácter documental. Enténdense como tales as producións de non ficción, de carácter creativo e que tentan expresar a realidade a partir dunha perspectiva particular e/ou persoal. Non terán consideración de documentais as reportaxes audiovisuais de carácter xornalístico ou informativo.

c) Que incorporen novos/ as realizadores/ as. Enténdese por novo/a realizador/a aquel/a que á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, non dirixise ou codirixido máis de dúas longametraxes cualificadas para a súa explotación comercial en salas de exhibición cinematográfica.

d) Que sexan de carácter experimental. Enténdense como tales as producións que empregan recursos expresivos -tanto visuais como sonoros- novos, de acordo ás propiedades tecnolóxicas do medio para explorar os seus límites formais e superar as convencións da linguaxe e a narrativa audiovisual de cada momento histórico.

Enlaces


Expresións de interese Expresións de interese