Estás en:
CERSA publicou as garantías concedidas baixo o marco nacional temporal relativo ás medidas de axudas á economía tras a invasión de Ucrania por parte de Rusia aprobado pola comisión Europea
CERSA publicou as garantías concedidas baixo o marco nacional temporal relativo ás medidas de axudas á economía tras a invasión de Ucrania por parte de Rusia aprobado pola comisión Europea
O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, a través da Compañía Española de Reafianzamento, publicou na BDNS as garantías concedidas baixo o marco nacional temporal relativo ás medidas de axudas á economía tras a invasión de Ucrania por parte de Rusia aprobado pola comisión Europea, no ano 2022.
Segundo a convocatoria publicada o 2 de agosto de 2022 o orzamento máximo establécese en 250.000.000 €. Seleccionaron 2310 beneficiarios, entre os que hai sociedades e entidades sen ánimo de lucro. O importe total concedido é de 101.451.978€ (un 40,58 % do total orzamentado), dos que, un total de 3.296.134 € a 88 beneficiarios galegos, o que representa un 3,25 % do total concedido.
O detalle da distribución de beneficiarios por provincia é a seguinte:
Provincia | Número de beneficiarios | Importe axuda (€) |
---|---|---|
Pontevedra | 49 | 2.046.214 |
A coruña | 25 | 730.020 |
Ourense | 5 | 145.275 |
Lugo | 9 | 374.625 |
Total | 88 | 3.296.134 |
Enlace á BDNS: SNPSAP (hacienda.gob.es)