Atrás

Ciencia e Innovación concede 288 millóns de euros a 1.711 proxectos orientados á transición ecolóxica e á dixital

Atrás
19/12/2022

Ciencia e Innovación concede 288 millóns de euros a 1.711 proxectos orientados á transición ecolóxica e á dixital

O Ministerio de Ciencia e Innovación, a través da Axencia Estatal de Investiación (AEI), concedeu 288,6 millóns de euros a 1.711 proxectos de investigación na convocatoria 2021 de Proxectos Estratéxicos Orientados á Transición Ecolóxica e á Transición Dixital. Estas axudas, financiadas con fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, teñen o obxectivo de fomentar as actividades de I+D+I para incrementar a competitividade e o liderazgo internacional da ciencia e a tecnoloxía españolas a través da xeración de coñecemento científico e mediante unha investigación de calidade orientada á transición ecolóxica. En concreto, os Proxectos de transición ecolóxica están dirixidos á mitigación do cambio climático,  adaptación ao cambio climático, o uso sostible e á protección dos recursos hídricos e mariños, a economía circular, a prevención e control da contaminación e a protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas. Dos 1.711 proxectos 100 deles son de beneficiarios galegos. O importe total concedido é de 288.690.590,40 € dos cales un total de 16.127.158,00 € se concede a entidades galegas, o que representa un 5,59 % sobre o total concedido.