Atrás

Ciencia e Innovación concede 40 millóns de euros a 356 proxectos de “Proba de Concepto”

Atrás
22/12/2022

Ciencia e Innovación concede 40 millóns de euros a 356 proxectos de “Proba de Concepto”

O obxectivo desta convocatoria é impulsar Proxectos que permitan acelerar a transformación de ideas, coñecementos ou resultados científicos en productos, bens, aplicación ou beneficios para  economía, a sociedade, a cultura, as políticas públicas ou os servizos. Así mesmo, estas axudas pretenden fomentar a transferencia de coñecemento entre os actores públicos e privados do Sistema de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación, así como incrementar as capacidades de divulgación  comunicación da I+D+I á sociedade. A convocatoria de 2022 é a segunda edición do programa “Proba de Concepto”, que en 2021 tivo unha grande acollida e dedicou outros 40 millóns de euros a Proxectos de I+D+I.

 

Segundo a convocatoria publicada o 6 de maio de 2022, o orzamento máximo para a convocatoria establécese en 40.000.000€. Seleccionáronse 356 beneficiarios, sendo o importe total concedido 39.964.340 € dos cales un total de 2.976.890€ a entidades galegas, o que representa un 7,45% sobre o total concedido.

 

O detalle das entidades galegas é o seguinte:

 

CIF

Entidade solicitante

Importe axuda (€)

Número de proxectos

Q2818002D

AGENCIA ESTATAL CONSEJO SUPERIOR DE INVESTIGACIONES CIENTIFICAS (CSIC)

143.750

1

G15796683

FUNDACION INSTITUTO DE INVESTIGACIÓN SANITARIA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

133.400

1

Q8650002B

UNIVERSIDADE DE VIGO

1.089.970

9

Q6550005J

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

333.500

3

Q1518001A

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

1.276.270

11

Total concedido axuda (€)

2.976.890

25

 

A resolución pode consultarse na seguinte ligazón: RD_PDC2022_sc (aei.gob.es)