Estás en:
Ciencia e Innovación resolve a convocatoria NEOTEC 2022 con 35 millóns de euros para 115 proxectos ou servizos de base tecnolóxica
Ciencia e Innovación resolve a convocatoria NEOTEC 2022 con 35 millóns de euros para 115 proxectos ou servizos de base tecnolóxica
O Ministerio de ciencia e Innovación publicou a resolución definitiva da convocatoria 2022 do Programa NEOTEC do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI), na que se aprobaron 115 proxectos cun orzamento total de 50,3 millóns de euros, dos que o CDTI aportará 35 millóns na modalidade de subvención. Nesta edición da convocatoria primou cunha maior intensidade de axuda a aquelas propostas que inclúen a contratacio´n de persoas con grado de doutor a tempo completo e de forma inmediata. O 78% dos proxectos aprobados poderá beneficiarse desta medida, o que suporá a contratación de 90 doutores en empresas de base tecnolóxica. Como novidade, a convocatoria NEOTEC 2022 ofrece a posiblidade de acceder a un curso no que “Enterprise Innovation Institute” da Universidade de Georgia (Atlanta, EEUU) para reforzar a capacitación das empresas e as súas posibilidades de éxito nese mercado. Dos proxectos aprobados, 20 recibirán unha axuda adicional de 10.000 euros para a realización desta formación, que lles permitirá coñecer ámbitos como a innovación para a sustentabilidade -tanto ambiental como de negocio-, as novas estratexias de negocio ou os procesos de internacionalización. O obxectivo do programa NEOTEC é fomentar a tecnoloxía e a innovación como factores competitivos para o desenvolvemento das empresas. Entre os beneficiarios encóntranse seis empresas galegas, ás cales se lles concedeu en total 1.892.435 €, o que representa un 5,41% do total concedido. A empresas que recibiron un maior importe de subvención (325.000 € cada unha) son Celtarys Research S.L., co seu proxecto “Nova tecnoloxía de conxugación química para dianas terapéuticas” e Libera Bio S.L. co seu proxecto “Plataforma MPN® baseada en nanotecnoloxía para a encapsulación e liberación selectiva de fármacos anticanceríxenos”. Así mesmo, cun importe menor, BFLOW S.L., tamén empresa galega, co seu proxecto “Plan de empresa BFLOW”, obtivo 247.435 €.