Atrás

Ciencia, Innovación e Universidades resolve a convocatoria 2022 de proxectos de colaboración público-privada

Atrás
14/12/2023

Ciencia, Innovación e Universidades resolve a convocatoria 2022 de proxectos de colaboración público-privada

O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, a través da Axencia Estatal de Investigación (AEI), publicou a resolución pola que se concede a convocatoria 2022 de proxectos de colaboración público-privada, para a que se destinan 201,7 millóns de euros a 775 axudas. En concreto, concederanse 109,7 millóns de euros en concepto de subvención e 92 millóns de euros en préstamos, con fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Do total financiado: o 51% (102,8 M€) foi para empresas e asociacións empresariais. O 49% restante (98,9 M€) para organismos de investigación. Dende 2017, esta convocatoria incrementou a subvención nun 44%, o que permitiu unha mellor tracción do investimento realizado polas empresas privadas, incrementando en 14 puntos o índice de éxito da convocatoria. O Consello de Ministros aprobou este martes a convocatoria de 2023 de Proxectos de colaboración público-privada, que aumenta a súa contía nun 23% con respecto a 2022, ata alcanzar os 320 millóns, ampliables ata os 360 millóns se hai dispoñibilidade económica. Son un total de 30 as entidades galegas beneficiarias que obtiveron un importe total de 9.260.343 €, o que supón o 4,58% do total concedido.