Atrás

Concedidos 307 millóns de euros en axudas europeas a 381 entidades locais para rehabilitar edificios públicos

Atrás
25/10/2022

Concedidos 307 millóns de euros en axudas europeas a 381 entidades locais para rehabilitar edificios públicos

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) concedeu provisionalmente 307 millóns de euros dos fondos europeos de recuperación a 381 entidades locais de todas as provincias para a rehabilitación de edificios públicos da súa titularidade. En total, Mitma seleccionou 405 actuacións das 1.065 presentadas polos potenciais beneficiarios do programa: municipios, deputacións, cabildos e consells insulares. Neste punto, é importante lembrar que os municipios con máis de 50.000 habitantes e as capitais de provincia podían presentar dúas solicitudes, polo que hai 24 municipios que obtiveron financiamento para dous proxectos de rehabilitación. Ainda así, teñen especial relevancia na resolución provisional os municipios de menos de 50.000 habitantes, con 321 proxectos adxudicados, aos que lles corresponde unha axuda duns 186 millóns de euros, sendo a subvención media por solicitude de 579.531 euros. Cabe destacar, que, dos 321 proxectos, 172 están en municipios de menos de 5.000 habitantes, os denominados de reto demográfico. Dos municipios mencionados anteriormente, 36 son galegos, ós que se lles otorgou provisionalmente 27.197.021 euros, o que representa aproximadamente un 9% do importe total concedido. Esta convocatoria, recollida na Inversión 5 do Compoñente 2 do PRTR e financiada con cargo ós Fondos NextGenerationEU, é un dos pilares do Pirep, que conta cunha inversión total de 1.080 millóns de euros, dos que 480 millóns de euros xa se transferiron ás comunidades e cidades autónomas de Ceuta e Melilla para financiar a rehabilitación enerxética do seu parque público. Os 600 millóns de euros restantes destínanse á convocatoria do Pirep local.