Estás en:
Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.
Convocatorias
Concesión de axuda a proxectos estratéxicos para a transición industrial do sector farmacéutico e do sector de produtos sanitarios, no marco do PRTR no ano 2022
Concesión de axuda a proxectos estratéxicos para a transición industrial do sector farmacéutico e do sector de produtos sanitarios, no marco do PRTR no ano 2022
Esta convocatoria, está orientada ao tecido industrial no marco do PERTE Saúde de Vangarda, cada proxecto debe enmarcarse nunha única liña de actuación e cada entidade poderá presentar unha ou varias solicitudes nesta convocatoria. As liñas de actuación son as seguintes:
- Investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación en organización e/ou procesos:
• Investigación Industrial
• Desenvolvemento experimental
• Innovación en materia de organización
• Innovación en materia de procesos
- Innovación en sustentabilidade e eficiencia enerxética:
• Investimentos con carácter innovador destinadas á protección do medio ambiente
• Investimentos con carácter innovador en medidas de aforro enerxético ou enerxías renovables
Beneficiarios: sociedades con personalidade xurídica propia, legalmente constituídas en España, con independencia do seu tamaño, que desenvolvan unha actividade industrial no sector farmacéutico e de produtos sanitarios, e que non formen parte do sector público
O orzamento mínimo de conceptos financiables para cada proxecto será de 100.000 euros. Para cada proxecto, o financiamento total a conceder, subvención máis préstamo nominal, será como máximo do 80 por cento sobre o orzamento financiable. O importe máximo de subvención a percibir por proxecto, estará limitado a 4.000.000 euros nesta convocatoria.
Adicionalmente, o importe da axuda para conceder en forma de subvención, será como máximo:
a) Do 50 % do orzamento financiable no caso de pequenas empresas.
b) Do 20 % do orzamento financiable no caso de medianas empresas.
c) Do 10 % do orzamento financiable no caso de grandes empresas para proxectos da Liña de Sustentabilidade e Eficiencia Enerxética.
d) Do 10% do orzamento financiable no caso de grandes empresas para proxectos de investigación industrial ou de desenvolvemento experimental na Liña de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.
e) Do 5 % do orzamento financiable no caso de grandes empresas para proxectos de innovación en materia de organización e procesos, na Liña de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.
Importe nominal máximo da axuda para conceder en forma de préstamo:
a) O Risco Vivo Acumulado da empresa coa Dirección Xeral de Industria e Pequena e Mediana Empresa (en diante, DGIPYME) non poderá superar en 5 veces os fondos propios da entidade no último exercicio pechado.
b) O importe nominal do préstamo para conceder non poderá superar a cifra de negocios media nos dous últimos exercicios pechados.