Estás en:
Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.
Convocatorias
Atrás
Concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal por anticipado de gasto para o ano 2022 e 2023
Atrás
22/02/2022
Concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal por anticipado de gasto para o ano 2022 e 2023
En réxime de concorrencia non competitiva ás entidades locais municipais e supramunicipais e agrupacións de entidades locais de Galicia que teñan asumida a competencia de prestar os servizos de recollida ou de tratamento de residuos municipais (procedemento MT975K), ao tempo que se fai pública súa convocatoria para os anos 2022 e 2023.
Liñas subvencionables:
a) Liña 1. Proxectos de implantación, ampliación ou mellora da recollida separada de biorresiduos destinados a instalacións específicas de tratamento biolóxico (compostaxe e/ou dixestión anaerobia) 4.278.162 €.
b) Liña 2. Proxectos de separación e reciclado en orixe de biorresiduos mediante seu compostaxe doméstico ou comunitario (compostaxe in situ) 2.459.994 €.