Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.

 

Convocatorias Convocatorias

Atrás

Concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal por anticipado de gasto para o ano 2022

Atrás
22/02/2022

Concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal por anticipado de gasto para o ano 2022

Polo procedemento de concorrencia competitiva, ás entidades locais e agrupacións de entidades locais de Galicia, para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal.

Son liñas subvencionables as seguintes:

• Liña 1. Aceites: proxectos de implantación ou mellora da recollida separada de aceite de cociña usado xerado no ámbito doméstico, do comercio e servizos, para destinalo á valorización para a obtención de biocarburante. 200.000 €.

• Liña 2. Téxtiles: proxectos de implantación ou mellora da recollida separada da fracción de residuos téxtiles dos residuos municipais para destinalos a preparación para a reutilización ou reciclaxe. 536.276 €

• Liña 3. Puntos limpos móbiles: proxectos destinados a favorecer a prevención, a recollida separada e a adecuada clasificación de fluxos especiais de residuos municipais a través da adquisición de puntos limpos móbiles para a mellora e ampliación dos servizos prestados pola rede galega de puntos limpos existentes para a reutilización ou reciclaxe na nosa comunidade autónoma. 1.477.307 €.

Enlaces


Expresións de interese Expresións de interese