Estás en:
Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.
Convocatorias
Concesión de axudas no marco da Acción Estratéxica en Saúde do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación para o período 2021-2023
Concesión de axudas no marco da Acción Estratéxica en Saúde do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación para o período 2021-2023
144 millóns de euros para actuacións que teñan como finalidade responder as prioridades en saúde da cidadanía, tanto nos aspectos preventivos, diagnósticos, curativos, rehabilitadores e paliativos das enfermidades como na xeración de evidencia científica, como unha das bases da calidade asistencial e preventiva do SNS e das empresas relacionadas co sector, xogando un papel crave na vertebración do sistema público de I+D+i en Biomedicina e Ciencias da Saúde.
Poderán obter a condición de beneficiarias nas convocatorias efectuadas ao amparo desta orde as persoas físicas nos termos que as mesmas establezan. Así mesmo, poderán ser beneficiarias as entidades que desenvolvan actividades de I+D+i en Biomedicina ou en Ciencias e Tecnoloxías da Saúde, conforme a unha das seguintes tipoloxías de centros:
1.º Os institutos de investigación sanitaria acreditados por orde ministerial ( IIS).
2.º As entidades e institucións sanitarias públicas con actividade clínico asistencial: hospitais, centros de atención primaria, outros centros asistenciais distintos dos anteriores con licenza de actividade sanitaria expedida pola autoridade competente.
3.º As entidades e institucións sanitarias públicas sen licenza de actividade sanitaria, pero con actividade de I+D+i demostrable na área de coñecemento de Saúde Pública.
4.º As entidades e institucións sanitarias privadas, con licenza de actividade sanitaria, vinculadas ou concertadas ao SNS, que cumpran coas condicións recollidas na lei 14/1986, do 25 de abril.
5.º Os OPI definidos no artigo 47 da Lei 14/2011, do 1 de xuño.
6.° As universidades públicas e as universidades privadas con capacidade e actividade demostrada en I+D, de acordo co previsto na vixente Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de Universidades.
7.º Centros tecnolóxicos de ámbito estatal e centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal que estean inscritos no Rexistro de centros creado polo Real Decreto 2093/2008, do 19 de decembro.
8.° Outros centros públicos de I+D, de investigación e de difusión de coñecementos e de infraestruturas de investigación, con personalidade xurídica propia, diferentes dos OPI, vinculados ou dependentes da Administración Xeral do Estado ou do resto das Administracións públicas e os seus organismos, calquera que sexa a súa forma xurídica, sempre que nos seus Estatutos, na normativa que os regule, ou no seu obxecto social, teñan definida entre as súas actividades a I+D+i en Biomedicina ou en Ciencias e Tecnoloxías da Saúde.
9.° As entidades públicas e privadas sen ánimo de lucro que realicen e/ou xestionen actividades de I+D, xeren coñecemento científico ou tecnolóxico ou faciliten a súa aplicación e transferencia.
10.º Os consorcios públicos e os consorcios públicos estatais con actividade en I+D+i en Biomedicina ou en Ciencias e Tecnoloxías da Saúde.
11.º Outras unidades da Administración sanitaria.