Atrás

Coñece o Consorcio CERTERA para o desenvolvemento de Medicamentos de Terapia Avanzada

Atrás
13/12/2023

Coñece o Consorcio CERTERA para o desenvolvemento de Medicamentos de Terapia Avanzada

A convocatoria para a elección e financiamento dos membros do Consorcio da Rede Estatal para o desenvolvemento de Medicamentos de Terapias Avanzadas (CERTERA), na súa edición de 2022, é unha iniciativa que forma parte do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, a través do Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII). Inclúese no PERTE de Saúde de Vanguardia no marco do investimento 6, destinado ao sector sanitario, do compoñente 17 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. O 5 de decembro de 2023 publicouse a resolución definitiva de concesión de subvencións para a selección e financiamento dos membros do Consorcio CERTERA, que adxudicou 45 millóns de euros a 43 entidades pertencentes a 14 comunidades autónomas. Tras o fallo da convocatoria pasaron a formar parte de CERTERA 43 entidades distribuídas da seguinte forma: 12 están situadas en Cataluña, 11 en Madrid, 5 en Andalucía, 3 no País Vasco, 2 en Extremadura, 2 en Casilla y León, e 1 en Aragón, Galicia, Comunidade Valenciana, Murcia, Asturias, Cantabria, Baleares e Navarra, respectivamente. Destaca o financiamento obtido polas entidades de Cataluña, que alcanza un total de 28,8 millóns de euros fronte a unha solicitude total de 50 millóns (taxa de éxito do 57%). Madrid e Andalucía recibirán un total de 5,5 e 4,5 millóns de euros respectivamente, cuns índices de acerto ao redor do 40% do importe total solicitado. A Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela recibiu a cantidade de 400.000 €, o que supón o 0,89% do total concedido.