Atrás

Constituida en Gijón a Alianza do PERTE de Descarbonización Industrial

Atrás
17/02/2023

Constituida en Gijón a Alianza do PERTE de Descarbonización Industrial

O desenvolvemento do PERTE de Descarbonización Industrial prevé un investimento público de 3.100 millóns de euros, un investimento total de ata 11.800 millóns e a creación duns 8.000 postos de traballo de calidade. Previo ó acto de presentación do PERTE celebrado en Gijón e presidido polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, constituíuse a Alianza do PERTE de descarbonización co obxectivo de impulsar o marco de colaboración público-privada entre as administracións e as empresas do sector. A Alianza configúrase como un espazo de participación e interlocución para apoiar os obxectivos do PERTE, maximizar as oportunidades de colaboración, a identificación de sinerxias e o adecuado seguimento do funcionamento e o impacto dos instrumentos. A Alianza é presidida pola ministra de Industria e está composta por nove ministerios, catorce asociación, os dous sindicatos máis representativos da industria e a patronal española. Os ministerios implicados son Industria, Comercio e Turismo; Educación e Formación Profesional; Facenda e Función Pública; Presidencia; Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico; Ciencia e Innovación; Agricultura, Pesca e Alimentación; Asuntos Económicos e Transformación Dixital; e Traballo e Economía Social. Do lado empresarial, estarán representadas as patronais ACOGEN, AEGE, ASCER, ASFEDI, ASPAPEL, CAL Y YESO, CONFEMETAL, Consello Intertextil Español, FEDECON, FEIQUE, FIAB, HISPALIT, OFICENEM y UNESID. Por último, tamén participarán os sindicatos CCOO Industria, UGT-FICA e a CEOE.