Estás en:
Atrás
Convocatoria de axudas para a xeraración dun tecido económico, inclusivo e sostible
Atrás
19/01/2024
Convocatoria de axudas para a xeraración dun tecido económico, inclusivo e sostible
As axudas para o Plan Integral de Fomento da Economía Social para a Xeración dun Tecido Económico, Inclusivo e Sostible son unha iniciativa do Ministerio de Traballo e Economía Social que ten como obxectivo financiar proxectos no ámbito da economía social para os anos 2024-2025. A convocatoria, cun orzamento de 80 millóns de euros, enmárcase no Compoñente 23: “Novas políticas públicas para un mercado laboral dinámico, resiliente e integrador”, do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e enmárcase no PERTE do Economía Social e dos coidados. Poden optar a esta axuda as entidades de Economía Social: cooperativas, mutuas, fundacións, asociacións que desenvolvan actividade económica, sociedades laborais, empresas de inserción, centros especiais de emprego, confrarías de pescadores, sociedades agrarias de transformación e outras entidades singulares creadas por normativa específica que se rixan polos principios da Economía Social. A convocatoria tamén está aberta a entidades representativas da Economía Social (SE) e Agrupacións de entidades. Estas axudas están dirixidas a proxectos de carácter incentivador, o que supón que o proxecto debe iniciarse despois da presentación da solicitude por parte do beneficiario e a nivel nacional, o que supón que as entidades beneficiarias deberán ter o seu domicilio fiscal permanentemente en territorio español e que os proxectos obxecto da convocatoria de axudas deberán desenvolverse, executarse ou implantarse en, polo menos, dúas comunidades autónomas. O prazo para presentar as solicitudes vai do 12 de xaneiro ao 12 de febreiro de 2024 e a presentación da documentación deberá realizarse a través da sede electrónica do Ministerio de Traballo e Economía Social.