Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.

 

Convocatorias Convocatorias

Atrás

Convocatoria de axudas para proxectos innovadores de I+D de almacenamento enerxético

Atrás
10/05/2022

Convocatoria de axudas para proxectos innovadores de I+D de almacenamento enerxético

Poden ser beneficiarios das axudas desta convocatoria as entidades e agrupacións que se inclúen nos artigos 4 e 5 da Orde TED/1447/2021, do 22 de decembro.

Serán conceptos susceptibles de axuda, en consonancia co artigo 13 da Orde TED/1447/2021, do 22 de decembro, e detallados no Anexo IX: detalle dos custos subvencionables, desta convocatoria, os seguintes:

a) os custos de persoal, excluíndo os gastos que se especifican no artigo 13, apartado 3, da orde Orde TED/1447/2021, do 22 de decembro;

b) os custos do instrumental e material  amortizable durante a vida do proxecto;

c) os custos de investigación contractual, coñecementos e patentes adquiridos ou obtidos por licenza de fontes externas en condicións de plena competencia, así como os custos de consultoría e servizos equivalentes;

d) outros custos de materiais, subministracións e equipos non  amortizables;

e) os gastos xerais e outros gastos de explotación adicionais;

f) os custos de formación relativa aos principios transversais do  PRTR (transformación dixital, cohesión social e territorial e igualdade de xénero).

O orzamento da convocatoria son 50 millóns de euros e as intensidades máximas serán as que seguen, sendo o máximo de 15 millóns de euros por empresa e por proxecto:

Enlaces


Expresións de interese Expresións de interese