Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.

 

Convocatorias Convocatorias

Atrás

Convocatoria de concesión de axuda a plans de innovación e sustentabilidade no ámbito da industria manufactureira

Atrás
31/05/2022

Convocatoria de concesión de axuda a plans de innovación e sustentabilidade no ámbito da industria manufactureira

Concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas á execución de plans de innovación e de sustentabilidade no ámbito da Industria Manufactureira. Serán susceptibles de axuda os plans de innovación e de sustentabilidade, estruturados nun ou varios proxectos asociados a algunha das seguintes liñas de actuación:

  1. Liña de Investigación, Desenvolvemento e Innovación: Proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental, e proxectos de innovación en materia de organización e procesos.

a) Investigación industrial: A investigación planificada ou os estudos críticos encamiñados a adquirir novos coñecementos e aptitudes que poidan ser útiles para desenvolver novos produtos, procesos ou servizos, ou permitan mellorar considerablemente os xa existentes; comprende a creación de compoñentes de sistemas complexos e pode incluír a construción de prototipos nunha contorna de laboratorio ou nunha contorna con interfaces simuladas cos sistemas existentes, así como liñas piloto, cando sexa necesario para a investigación industrial e, en particular, para a validación de tecnoloxía xenérica.

b) Proxectos de desenvolvemento experimental: A adquisición, combinación, configuración e emprego de coñecementos e técnicas xa existentes, de índole científica, tecnolóxica, empresarial ou doutro tipo, con vistas á elaboración de plans e estruturas ou deseños de produtos, procesos ou servizos novos, modificados ou mellorados. Poderá incluír, por exemplo, outras actividades de definición conceptual, planificación e documentación de novos produtos, procesos e servizos. Entre as actividades poderá figurar a elaboración de proxectos, deseños, plans e demais tipos de documentación a condición de que non vaia destinada a usos comerciais.

c) Proxectos de innovación en materia de organización: A aplicación dun novo método organizativo ás prácticas comerciais, a organización do centro de traballo ou as relacións exteriores.

d) Proxectos de innovación en materia de procesos. A aplicación dun método de produción ou subministración novo ou significativamente mellorado (incluídos cambios significativos en canto a técnicas, equipos ou programas informáticos).

  1. Liña de Innovación en Sustentabilidade e Eficiencia Enerxética:

a) Investimentos con carácter innovador destinadas á protección do medio ambiente que cumpran polo menos una das seguintes condicións: i. Investimentos que permitan á entidade incrementar o nivel de protección do medio ambiente derivado das súas actividades superando as normas da Unión Europea, independentemente da existencia de normas nacionais obrigatorias máis estritas que as da Unión; ii. investimentos que permitan á entidade incrementar o nivel de protección do medio ambiente derivado das súas actividades en ausencia de normas da Unión Europea.

b) Investimentos con carácter innovador en medidas de aforro enerxético ou enerxías renovables. Consideraranse aqueles investimentos destinados a melloras que permitan lograr un nivel máis elevado de eficiencia enerxética nos procesos de produción da entidade ou substitución de fontes de enerxía fósil por renovable.

Beneficiarios: Poderán acollerse ás axudas establecidas nesta orde as sociedades con personalidade xurídica propia, legalmente constituídas en España e debidamente rexistradas no rexistro correspondente, con independencia do seu tamaño, que desenvolvan unha actividade industrial, e que non formen parte do sector público.

A axuda que se conceda como consecuencia das solicitudes presentadas de acordo coa presente convocatoria, terá unha contía total máxima de 91.000.000 euros en forma de préstamos, e imputarase á aplicación orzamentaria 20.09.467 C.834.01, e unha contía de 59.000.000 de euros en forma de subvención, con cargo á aplicación orzamentaria 20.50.09.46 LB.773.02 dos Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2022. O financiamento total a conceder, poderá ter a forma de préstamo, subvención ou dunha combinación de ambas as modalidades, será como máximo do 80 por cento sobre o orzamento financiable, coas condicións establecidas no artigo 12 e as limitacións establecidas neste artigo. O importe da axuda para conceder en forma de subvención, será como máximo:

a) Do 50 % do orzamento financiable no caso de pequenas empresas.

b) Do 20 % do orzamento financiable no caso de medianas empresas.

c) Do 10 % do orzamento financiable no caso de grandes empresas para proxectos da Liña de Sustentabilidade e Eficiencia Enerxética.

d) Do 10 % do orzamento financiable no caso de grandes empresas para proxectos de investigación industrial ou de desenvolvemento experimental na Liña de Investigación, Desenvolvemento e Innovación

e) Do 5 % do orzamento financiable no caso de grandes empresas para proxectos de innovación en materia de organización e procesos, na Liña de Investigación, Desenvolvemento e Innovación»


Expresións de interese Expresións de interese