Estás en:
Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.
Convocatorias
Convocatoria extraordinaria Planes de Sustentabilidade Turística en Destinos para entidades locais
Convocatoria extraordinaria Planes de Sustentabilidade Turística en Destinos para entidades locais
Folla de ruta que guiará a selección e financiación de proxectos destinados a apoiar a transformación dos nosos destinos en polos de innovación turística que os fagan máis resilientes, ao tempo que se avanza cara a unha maior cohesión territorial, non só relacionando a oferta e os destinos de cada territorio, senón creando conexións entre os destinos de distintas rexións.
A Estratexia establece unha tipoloxía de destinos aos que corresponden uns umbrales mínimos de investimento por plan.
- Gran Destino Urbano (Madrid e Barcelona): 10 millóns de euros.
- Sol e Praia moi internacionalizado: 5 millóns de euros.
- Destino Urbano/ Cidade con identidade turística/ Sol e praia mixto ou residencial: 2 millóns de euros.
- Rural costeiro/ Espazos naturais terrestres/ Destinos rurais con identidade turística: 1 millón de euros.
Debese ter en conta, que na solicitude, deberse seleccionar se o proxecto presentado opta a un Plan de Sustentabilidade Turística en Destino ou concorre a un Plan Nacional de Sustentabilidade Turística.