Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.

 

Convocatorias Convocatorias

Atrás

Convocatoria para o ano 2022 do procedemento de concesión de axudas destinadas a novos proxectos empresariais de empresas innovadoras (Programa NEOTEC)

Atrás
05/07/2022

Convocatoria para o ano 2022 do procedemento de concesión de axudas destinadas a novos proxectos empresariais de empresas innovadoras (Programa NEOTEC)

O Ministerio de Ciencia e Innovación convoca axudas por 35 millóns de euros. As axudas financiarán a posta en marcha de novos proxectos empresariais, que requiran o uso de tecnoloxías ou coñecementos desenvolvidos a partir da actividade investigadora e nos que a estratexia de negocio se base no desenvolvemento de tecnoloxía. Así mesmo, prímase a incorporación de persoas con grao de doutor á empresa para reforzar as súas capacidades de absorción e xeración de coñecemento.

As axudas poderán destinarse a proxectos empresariais en calquera ámbito tecnolóxico e/ou sectorial. Con todo, non se adecúan a esta convocatoria os proxectos empresariais cuxo modelo de negocio se base primordialmente en servizos a terceiros, sen desenvolvemento de tecnoloxía propia. Tampouco serán obxecto de axuda aquelas iniciativas que non reflictan claramente no seu plan de empresa a continuidade no desenvolvemento de tecnoloxía.

Poderanse financiar os seguintes gastos:

  • Investimentos en equipo
  • Gastos de persoal
  • Materiais
  • Colaboración externa/ asesoría
  • Outros custos: alugueiros, subministracións, canons e licenzas, gastos de solicitude e mantemento de patentes e outros dereitos de propiedade industrial, seguros e outros gastos derivados, así como gastos de promoción e difusión e gastos de formación, previstos no Anexo III.

Beneficiarios: Poderán adquirir a condición de beneficiarios as pequenas empresas, conforme á definición establecida no apartado 11 do Anexo I da Orde CIN/373/2022, do 26 de abril, que cumpran ademais os requisitos para considerarse empresa innovadora.

O orzamento máximo desta convocatoria é de 35.000.000 de euros, dos que 34.600.000 euros financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 28.50.46 QE.74913 dos Orzamentos Xerais do Estado de 2022 e 400.000 euros con cargo ao patrimonio do CDTI.

O financiamento concedido terá os seguintes límites:

a. Con carácter xeral poderase financiar ata o 70% do orzamento elegible da actuación, sen contar a formación prevista no Anexo II da presente convocatoria, cun importe máximo de subvención de 250.000 euros por beneficiario.

b. Nas actuacións que inclúan a contratación laboral de polo menos un doutor, nos termos previstos no Anexo I da presente convocatoria, poderase financiar ata o 85% do orzamento elegible da actuación, sen contar a formación prevista no Anexo II, cun importe máximo de subvención de 325.000 euros por beneficiario.

c. Adicionalmente, a cuantia da axuda poderase incrementar ata 10.000 euros nas actuacións que solicitasen a formación prevista no Anexo II da presente convocatoria e cumpran todos os requisitos indicados no mesmo.

A actuación deberá ter un orzamento financiable mínimo de 175.000 euros, sen contar os gastos de formación previstos no Anexo II.


Expresións de interese Expresións de interese