Estás en:
Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.
Convocatorias
Convocatoria para participantes na competición de máxima categoría feminina de fútbol para acometer as melloras estruturais necesarias para a competición
Convocatoria para participantes na competición de máxima categoría feminina de fútbol para acometer as melloras estruturais necesarias para a competición
Concesión de 16 millóns de euros en subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, aos Clubs e Sociedades Anónimas Deportivas ( SAD) integrantes da competición da máxima categoría feminina de fútbol, destinadas ao investimento para a construción, adaptación e mantemento das infraestruturas necesarias para a participación na competición da máxima categoría feminina de fútbol, ao obxecto de garantir uns estándares de calidade, igualdade e sustentabilidade da competición.
Para iso financiarase, total ou parcialmente, a realización das seguintes actuacións, executadas entre o 1 de febreiro de 2020 e o 31 de decembro de 2023, nas instalacións que sexan propiedade dos clubs ou SAD, ou noutras alleas sobre as que, sen ser da súa propiedade, teña un uso prioritario o equipo feminino do respectivo club ou SAD conforme a un contrato de arrendamento ou convenio cunha duración mínima de 5 anos:
1. Gastos de mantemento de campos de herba.
2. Gastos de obras: instalación campos de ferva, megafonía, marcadores, ximnasios, salas de readaptación e enfermería, etc.