Atrás

Creación da Alianza do PERTE Naval

Atrás
21/10/2022

Creación da Alianza do PERTE Naval

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo presentou en Vigo o Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE) para a industria naval. Para impulsar o marco de colaboración público-privada, constitúese a Alianza do PERTE Naval, un espacio de participación e interlocución para apoiar os obxectivos do PERTE, maximizar as oportunidades de colaboración, a identificación de sinerxias e o adecuado seguimento do funcionamiento e o impacto dos instrumentos. A Alianza está presidida pola Ministra de Industria e ostentará a Vicepresidencia a conselleira delegada de PYMAR, Almudena López del Pozo. Así mesmo, manifestou  "o compromiso de Pymar para impulsar a implementación do PERTE Naval, estratéxico na configuración do sector naval do futuro". Ademáis, forman parte varios departamentos ministeriais con competencias relacionadas coas materias desenvolvidas no PERTE Naval e representantes de organizacións empresariais e sindicais vinculadas co sector. En concreto, Juan Diego Díaz Vega, presidente da Asociación Empresarial Eólica (AEE), Pedro Mier, presidente da Asociación Multisectorial de Empresas Españolas de Electrónica e Comunicacións (AMETIC), José Miguel Guerrero Sedano, presidente de CONFEMETAL, Iñigo Aristegui, responsable do Naval de CCOO Industria e Mikel Zarandona, representante do Naval de UGT-FICA.