Atrás

Cultura concede axudas por 31 millóns de € a 32 proxectos de longametraxes

Atrás
05/12/2024

Cultura concede axudas por 31 millóns de € a 32 proxectos de longametraxes

O Ministerio de Cultura, a través do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA), resolveu o segundo procedemento de axudas xerais para a produción de longametraxes sobre proxecto de 2024 por un importe de 31.683.271 €. Desta dotación orzamentaria, 2.600.097 euros corresponden ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), mentres que o resto se imputa ao crédito dispoñible do Fondo de Protección á Cinematografía do ICAA. No primeiro procedemento desta convocatoria, resolto o pasado 14 de outubro, concedéronse 30.316.729 euros a 31 proxectos.

A produtora galega Vaca Films Studio, S.L. resultou beneficiaria da axuda tanto no primeiro como no segundo procedemento. No que respecta ao primeiro, recibiu un total de 100.000 € pola súa participación nos proxectos “Cuatro amores” e “Vírgenes”, e no tocante a este segundo, recibiu un total de 500.000 € pola súa participación no proxecto “Sin Huella”.