Atrás

Cultura convoca axudas para a distribución internacional de películas españolas por valor de 3 millóns de euros

Atrás
25/10/2022

Cultura convoca axudas para a distribución internacional de películas españolas por valor de 3 millóns de euros

O Ministerio de Cultura e Deporte, a través do Instituto de Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA), convocou por primeira vez axudas á distribución internacional de películas cinematográficas españolas correspondente a 2022. Enmarcadas no PRTR, o valor total das axudas é de 3 millóns de euros. Esta nova línea de axudas ten como obxectivo favorecer a comercialización das películas españolas no exterior, como vía para lograr unha maior internacionalización da nosa industria cinematográfica. Os destinatarios das axudas, axencias de vendas internacionais independentes, deberán destinar o importe íntegro ós gastos directamente relacionados coa promoción internacional da película, co obxecto de favorecer a súa distribución e venda a outros países. O importe máximo de axuda por película será de 100.000 euros e non poderá superar o 50% dos gastos subvencionables que son, entre outros, a adquisición de dereitos de explotación da película ao produtor, gastos de promoción, campañas de publicidade en medios ou aluguer de stands en eventos ou mercados.