Estás en:
Cultura publica a convocatoria de axudas para a promoción do sector do videoxogo, do podcast e outras formas de creación dixital (2025)
Cultura publica a convocatoria de axudas para a promoción do sector do videoxogo, do podcast e outras formas de creación dixital (2025)
O Ministerio de Cultura publicou a convocatoria de axudas públicas destinadas á promoción do sector do videoxogo, podcast e outras formas de creación dixital para o ano 2025. Dotada cun orzamento total de 5 millóns de €, o obxecto destas consiste en apoiar o ecosistema do videoxogo, podcast e creación dixital, sempre que os proxectos teñan un carácter ou interese cultural e promovan, entre outras cousas, os seguintes aspectos: mellora e calidade da oferta cultural no sector do videoxogo, do podcast e doutras formas de creación dixital; emprendemento, o emprego e a profesionalización do sector cultural dedicado aos videoxogos, o podcast e outras formas de creación dixital; presenza da muller na industria; vertebración do tecido mediante o fortalecemento de alianzas e redes profesionais; unha oferta cultural descentralizada e a pluralidade lingüística; a internacionalización do sector e a visibilidade da cultura dixital española nos principais mercados internacionais.
Dirixidas a autónomos, microempresas e PEMES, estas axudas financiarán a preprodución, produción e posprodución de videoxogos, podcasts de ficción ou divulgativos cuxo contido verse sobre disciplinas e produtos culturais que usen tecnoloxías de realidade estendida ou outros formatos de creación dixital. Así mesmo, financiarán tamén a organización de eventos profesionais, programas de incubación e aceleración de empresas e exposicións culturais, sempre que teñan relación directa coas actividades anteriormente expostas.
A axuda concedida cubrirá entre o 60% e o 80% do custo total do proxecto, dependendo da contía solicitada, cun máximo de 80.000 € por axuda. As solicitudes deben presentarse en formato electrónico a través da sede electrónica do Ministerio de Cultura, dentro do prazo de 20 días hábiles, do 18 de novembro ao 16 de decembro de 2024.
Esta é a terceira edición que se leva a cabo deste Programa de axudas, sendo xa concedidas as convocatorias para o período 2022-2023 e para o ano 2024, ambas as dúas dotadas cun orzamento máximo de 8.000.000 €.
En relación coa convocatoria correspondente ós anos 2022 e 2023, concedéronse un total de 7.994.449 €, dos cales, 378.220 € foron parar a beneficiarios galegos. O detalle dos mesmos é o que a continuación se menciona:
| CIF | Beneficiario | Importe axuda (€) |
| B72674609 | ACARINO FILMS | 80.000 |
| B70608013 | BAROQUE DECAY SLU | 67.730 |
| B70444823 | ISELTEC S.L. | 40.000 |
| B67273797 | MEYO TECH SL | 70.000 |
| B01673847 | THREE GOLDEN MONKEYS LAB SL | 70.000 |
| B70327804 | UNDODEZ S.L. | 50.490 |
| TOTAL | 378.220 | |
Polo que respecta á convocatoria de 2024, concedéronse un total de 7.981.910 €, dos que 171.656 € foron a parar a beneficiarios galegos. O desglosamento dos mesos é o que se refiere a continuación:
| CIF | Beneficiario | Importe axuda (€) |
| B70237201 | HYLIACOM SL | 38.520,00 |
| B70444823 | ISELTEC SL | 62.392,00 |
| B09681537 | LA OTRA ORILLA, S.L. | 35.744,00 |
| B70436233 | ARRAIANOS PRODUCIONS, S.L. | 35.000,00 |
| TOTAL | 171.656 | |