Estás en:
Dentro da Estratexia España Nación Emprendedora, Industria pon en marcha a primeira edición do Programa de Atracción do Emprendemento Feminino “The Break”
Dentro da Estratexia España Nación Emprendedora, Industria pon en marcha a primeira edición do Programa de Atracción do Emprendemento Feminino “The Break”
O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, a través da Fundación da Escola de Organización Industrial (EOI) e a colaboración de Impact Hub Madrid, lanzou o Programa de atracción de Emprendemento Feminino “The Break”, no que participarán 140 emprendedoras europeas. Os obxectivos do programa son contribuir á reducción da brecha de xénero no emprendemento, a aprendizaxe e a mellora dos Proxectos das emprendedoras participantes e a creación dunha rede europea de emprendedoras, a comunidade breaker, para crear negocio e oportunidades. O programa, con financiamiento dos fondos Next Generation EU, forma parte do PRTR e conta con un orzamento de 10 millóns de euros ata decembro de 2023. The Break persigue o obxectivo de atender a 833 emprendedoras para que coñezan de primeira man o ecosistema empresarial español e teñan a oportunidade de establecer relacións comerciais con entidades españolas e invertir no noso país, á vez cointribuirán á resolución dos retos sectoriais en favor do desenvolvemento local español. O Programa tamén persigue o obxectivo de favorecer o entorno do talento feminino español.