Estás en:
España e Portugal firman un acordo para o desenvolvemento dunha constelación de satélites de observación da Terra
España e Portugal firman un acordo para o desenvolvemento dunha constelación de satélites de observación da Terra
Os Ministerios de Ciencia e Innovación de España e de Ciencia, Tecnoloxía e Ensino Superior de Portugal firmaron un acordo para o desenvolvemento da Constelación Atlántica, unha constelación conxunta de 16 satélites para a observación da Terra. O acordo adaptouse no marco da XXXIII Cume Hispano-Portuguesa, celebrada en Viana do Castelo. Esta constelación, que complementará ós satélites europeos Copérnico da Unión Europea (UE), proporcionará datos de calquera lugar da Terra cada tres horas, o que permitirá o seu uso en aplicacións que requiran unha gran frecuencia de imaxes como a loita contra incendios ou a mitigación do efecto de desastres naturais. Está previsto que cada un dos dous países constrúa e opere de maneira independente a metade dos satélites da Constelación Atlántica, que supoñerá un investimento total de 60 millóns de euros, financiados grazas ós fondos do PRTR.