Estás en:
Atrás
España pon en marcha o entorno controlado de probas do Regulamento Europeo de Intelixencia Artificial
Atrás
07/11/2023
España pon en marcha o entorno controlado de probas do Regulamento Europeo de Intelixencia Artificial
O Consello de Ministros aprobou o pasado 7 de novembro un Real Decreto que habilita ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, a través da súa Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, a abrir a convocatoria ás empresas para que participen no contorno de probas controladas –sandbox– do Regulamento Europeo de Intelixencia Artificial. Neste momento de auxe desta tecnoloxía, o Parlamento Europeo e o Consello están a desenvolver un regulamento de Intelixencia Artificial para a rexión. A aprobación deste texto é unha das prioridades estratéxicas da presidencia española do Consello da Unión Europea. O Goberno de España, coa colaboración da Comisión Europea, pon en marcha o primeiro entorno controlado de probas para comprobar como implementar os requisitos aplicables aos sistemas de Intelixencia Artificial de alto risco da proposta de Regulamento europeo sobre intelixencia artificial. Esta iniciativa forma parte da estratexia española de transformación dixital, denominada Axenda España Dixital 2026, que se enmarca no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e, en particular, na Estratexia Nacional de Intelixencia.