Atrás

España seleccionada para acoller un dos primeiros ordenadores cuánticos europeos grazas ó programa Quantum Spain

Atrás
11/10/2022

España seleccionada para acoller un dos primeiros ordenadores cuánticos europeos grazas ó programa Quantum Spain

España foi un dos seis países europeos seleccionados polo consorcio de supercomputación da Unión Europea, a European High Performance Computing Joint Undertaking (EuroHPC JU), para albergar e operar os primeiros ordenadores cuánticos EuroHPC. A nova infraestrutura instalarase en Barcelona Supercomputing Center – Centro Nacional de Supercomputación (BSC-CNS) e integrarase no superordenador MareNostrum 5, o máis potente do noso país e entre os máis avanzados de Europa, en colaboración co Instituto de Física de Altas Enerxías (IFAE), e o International Iberian Nanotechnology Laboratory (INL), en Portugal. Este hito é un dos primeiros resultados do programa QuantumSpain, iniciado en 2021 polo Goberno a través do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital e coordinado pola Rede Española de Supercomputación (RES). O programa impulsa e reforza o ecosistema nacional de Computación Cuántica, e ten como obxectivos reforzar o seu papel en Europa e atraer inversión ó noso país, con iniciativas como a que ahora se anuncia. A inversión en España ascenderá a 12,5 millóns de euros, cofinanciada ó 50% pola UE e a Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital. Quantum Spain é unha iniciativa impulsada polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial e financiada cos fondos Next Generation do Plan de Recuperación.