Atrás

Goberno e CCAA acordan un investimento de 478 millóns de euros de fondos europeos para proxectos de sustentabilidade turística

Atrás
27/01/2023

Goberno e CCAA acordan un investimento de 478 millóns de euros de fondos europeos para proxectos de sustentabilidade turística

O Executivo destinou nos últimos tres anos un total de 1.858 millóns a proxectos turísticos locais e autonómicos. Comunidades, concellos e demáis entidades locais poderán presentar os seus proxectos ante o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo ao longo de mes de febreiro. A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, presidiu na sede do Ministerio unha Conferencia Sectorial Extraordinaria de Turismo donde se acordou lanzar unha nova edición especial dos Plans de Sustentabilidade Turística en Destino. Esta nova convocatoria contará cun financiamento de 478 millóns de euros procedentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia dotado íntegramente cos fondos Next Generation da Unión Europea. Estos 478 millóns adicionais para mellorar o turismo nacional súmanse ós 660 millóns adicados ó mesmo fin en 2021 e ós 720 millóns da edición do ano pasado. En total, xa son 1.858 millóns os destinados a estos proxectos nos que se prima a sustentabilidade ambiental e a dixitalización co obxectivo de conseguir un turismo máis competitivo e de maior calidade.