Estás en:
IDAE publica a proposta de resolución definitiva do Programa de Incentivos 4, enmarcada no PERTE ERHA
IDAE publica a proposta de resolución definitiva do Programa de Incentivos 4, enmarcada no PERTE ERHA
O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, publicou o 29 de maio de 2024, a través do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía, a proposta de resolución definitiva do Programa de Incentivos 4: Retos básicos-fundamentais de investigación, pilotos innovadores e formación en tecnoloxías habilitadoras clave ” dentro dos programas de incentivos á cadea de valor innovadora e ao coñecemento do hidróxeno renovable.
A convocatoria, publicada o 21 de xullo de 2023, cuxo prazo rematou o 7 de novembro de 2023, establece un orzamento máximo de 66.000.000 €. Seleccionáronse 29 proxectos, sendo o total adxudicado 53.990.080 € (81,07% do total orzamentado). A distribución xeográfica dos proxectos subvencionados é a seguinte:
| Programa de incentivos 4 cadea de valor de Hidróxeno | |||
CCAA actuación | Nº proxectos | Total concedido (€) | % Sobre o total concedido | |
Andalucía | 4 | 8.564.326 | 15,86% | |
Castilla-La Mancha | 4 | 8.332.648 | 15,43% | |
Madrid | 4 | 8.098.448 | 15,00% | |
Valencia | 3 | 6.891.460 | 12,76% | |
País Vasco | 2 | 6.055.360 | 11,22% | |
Cataluña | 3 | 3.634.216 | 6,73% | |
Navarra | 1 | 3.523.897 | 6,53% | |
Islas Canarias | 2 | 2.772.336 | 5,13% | |
Aragón | 3 | 2.631.164 | 4,87% | |
Castilla y León | 2 | 1.998.781 | 3,70% | |
Murcia | 1 | 1.487.445 | 2,76% | |
Principado de Asturias |
|
| 0,00% | |
Cantabria |
|
| 0,00% | |
Extremadura |
|
| 0,00% | |
Galicia |
|
| 0,00% | |
Islas Baleares |
|
| 0,00% | |
La Rioja |
|
| 0,00% | |
Total | 29 | 53.990.080 |
| |
Non terá lugar ningunha actuación en Galicia. Non obstante, existe unha entidade galega que participa como socia no seguinte proxecto subvencionado:
Beneficiario | Proxecto | Subvención proposta (€) |
Power2Hydrogen S.L. | H2- SOLAR-H2R: Fotoreactor de partículas con concentración solar para la producción de hidrógeno 100 % renovable, a través de fotosíntesis artificial (foto-electrocatálisis –PEC). | 482.200 |
Total concedido de axuda (€) | 482.200 |