Atrás

IDAE publica a resolución definitiva das axudas para Proxectos Innovadores de Almacenamento Eléctrico Independente e Almacenamento Térmico, enmarcada no PERTE ERHA

Atrás
11/12/2024

IDAE publica a resolución definitiva das axudas para Proxectos Innovadores de Almacenamento Eléctrico Independente e Almacenamento Térmico, enmarcada no PERTE ERHA

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, publicou o 11 de decembro de 2024, a través do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía, a resolución definitiva da Convocatoria de axudas para proxectos innovadores de almacenamento eléctrico independente e almacenamento térmico.

A convocatoria, publicada o 20 de xullo de 2023, cuxo prazo rematou o 31 de decembro de 2023, establece un orzamento máximo de 180.000.000 €. Seleccionáronse 45 proxectos, sendo o total concedido de 156.478.086 € (86,93 % do total orzamentado).

A distribución xeográfica dos proxectos subvencionados é a seguinte:

Axudas a proxectos innovadores de almacenamento

CCAA

Nº Beneficiarios

Total concedido (€)

% Sobre o concedido

Principado de Asturias

15

60.880.177

38,91%

Cataluña

3

39.990.964

25,56%

Islas Canarias

5

14.904.142

9,52%

Cantabria

3

11.050.661

7,06%

País Vasco

5

10.649.884

6,81%

Islas Baleares 

1

6.729.003

4,30%

Valencia

2

3.032.555

1,94%

Castilla-La Mancha

3

2.241.179

1,43%

Andalucía

1

2.179.965

1,39%

Galicia

2

2.157.384

1,38%

Castilla y León

4

2.054.705

1,31%

Madrid

1

607.469

0,39%

Aragón

 

 

0,00%

Extremadura

 

 

0,00%

La Rioja

 

 

0,00%

Murcia

 

 

0,00%

Navarra

 

 

0,00%

Total

45

156.478.086

 

 

Asturias é a comunidade autónoma con maior número de proxectos e axudas concedidas, o 38,91 % do total concedido. Cataluña sitúase en segundo lugar, cun 25,56 % do total concedido a nivel nacional con 3 proxectos beneficiarios. Canarias ocupa o terceiro posto cun 9,52 %. Galicia ocupa a décima posición, cun total de 2.157.384 € concedidos para 2 proxectos galegos, o que supón o 1,38 % do total concedido a nivel nacional.

Os 2 proxectos galegos concedidos para estas axudas son os seguintes:

CIF

Beneficiario

Título do proxecto

Localización

Total concedido de axuda (€)

B44574218

Soner Sorolla, S.L.

Sistema de almacenamiento de 5 MW - BESS Sanxenxo

Pontevedra

1.589.673

B42724989

Lugo Eco Energias, S.L.

Implantación de un sistema acumulador de energía térmica para la red de calor de Lugo

Lugo

567.712

Total (€)

2.157.384