Atrás

Industria adxudica 183,6 millóns de euros a 292 proxectos para o reforzo industrial do sector agroalimentario

Atrás
19/12/2023

Industria adxudica 183,6 millóns de euros a 292 proxectos para o reforzo industrial do sector agroalimentario

O Ministerio de Industria e Turismo acaba de publicar a resolución definitiva do PERTE agroalimentario no seu eixo 1, que contempla actuacións de apoio á industria agroalimentaria. En total, concédense 183,6 millóns de euros a 292 proxectos de 233 empresas que contribuirán á modernización, sostibilidade e dixitalización do sector agroalimentario. Destas axudas: 163,5 millóns de euros en concepto de subvencións e 20,1 millóns de euros en concepto de préstamos. O total concedido a Galicia é de 9.712.406 € ao proxecto tractor “Cadena de valor láctea inteligente, trazable, sostenible y conectada (SMARTZ4MILK)” do Grupo LENCE. O que supón o 5,29% do total concedido.