Estás en:
Industria adxudica 27,7 millóns de euros a 11 proxectos relacionados con vehículos híbridos, eléctricos de batería e de pila de combustible de hidróxeno
Industria adxudica 27,7 millóns de euros a 11 proxectos relacionados con vehículos híbridos, eléctricos de batería e de pila de combustible de hidróxeno
O Ministerio de Industria e Turismo concedeu 27,7 millóns de euros a 11 proxectos innovadores de 9 empresas relacionados con modelos, sistemas e compoñentes de vehículos híbridos, vehículos eléctricos de batería e pilas de combustible de hidróxeno para avanzar no proceso de descarbonización e manter a competitividade do ecosistema da automoción. Do total de proxectos, 8 corresponden a desenvolvementos experimentais e 3 a accións de investigación industrial. Así mesmo, do total destes proxectos, 2 deles serán realizados por medianas empresas, 3 por pequenas empresas ou microempresas, e 6 por entidades non pemes. RT POWERTRAIN España (Grupo RENAULT) presentou 3 proxectos, cun investimento financiable que alcanza os 41,6 millóns de euros, e contou cunha axuda de 13,6 millóns de euros, o que supón o 49,6% do total da axuda concedida. RENAULT España presentou un proxecto de desenvolvemento experimental, cun orzamento financiable de 14,5 millóns de euros, sendo a axuda concedida 3,6 millóns de euros. O investimento total mobilizado ascende a 129,8 millóns de euros, cun orzamento financiable de 82,8 millóns de euros. Non hai proxectos/beneficiarios galegos .
Estas axudas foron concedidas en réxime de concesión directa, na modalidade de concurso simple, unha vez realizada a avaliación dos proxectos pola Comisión de Verificación, de conformidade co establecido no Real Decreto 661/2023, do 18 de xullo. O prazo máximo de execución das actuacións financiables é de 36 meses desde a data da resolución de concesión, o que implica que haberá proxectos que se desenvolverán ata 2026.