Atrás

Industria adxudica provisionalmente 48,4 millóns a 261 proxectos de clústers industriais que movilizarán máis de 71 millóns de euros

Atrás
10/10/2022

Industria adxudica provisionalmente 48,4 millóns a 261 proxectos de clústers industriais que movilizarán máis de 71 millóns de euros

O Ministerio de Industria, Comercio e turismo publicou a resolución provisional da segunda convocatoria do Programa de Apoio ás Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEIs) polo que se subvencionan 261 proxectos con 48,4 millóns de euros que proveñen dos Fondos Next Generation. A Inversión movilizada ascende a 71,7 millóns de euros e o importe medio de subvención é de 185.000 euros. Predominan os Proxectos subvencionados presentados en colaboración entre distintas AEIs e empresas membros das mesmas. Estos Proxectos superan o 98%. Os sectores máis beneficiados nesta segunda convocatoria de 2022 son o sector TIC con 56 proxectos, e o sector agroalimentario con 45 proxectos. Seguen a estes sectores Medioambiente/Enerxía con outros 41 proxectos, a automoción con 28, e a maquinaria industrial con outros 16 proxectos. En canto á distribución de axudas por Comunidades Autónomas, un total de trece CCAA beneficiaranse dos Proxectos adxudicados, sendo Cataluña (89), Aragón (50) e Andalucía (34) as que máis Proxectos van a recibir. Galicia é beneficiaria de 18 proxectos por un importe total en axudas de 2.873.611€ (un 6% do total concedido).