Atrás

Industria amplía nun ano o prazo para proxectos de eficiencia enerxética e circularidade en empresas turísticas

Atrás
07/02/2025

Industria amplía nun ano o prazo para proxectos de eficiencia enerxética e circularidade en empresas turísticas

O Ministerio de Industria e Turismo ampliou o prazo para a xustificación de proxectos de eficiencia enerxética e economía circular en empresas turísticas. Deste xeito, o prazo indicado pasa do 30 de abril de 2025 ao 30 de xuño de 2026.

A iniciativa ten como obxectivo apoiar a un total de 3.400 establecementos turísticos para a execución de proxectos que incrementen a súa competitividade mediante a implementación de altos estándares en eficiencia enerxética e economía circular, o que non só reducirá a pegada de carbono destes establecementos, senón que tamén permitirá diminuír os seus custos enerxéticos. En conxunto, investirase un total de 119,6 millóns de €, todos eles financiados polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

No marco deste programa, cada CCAA xestionou a súa propia. No caso de Galicia, a CCAA recibiu un total de 7.813.070 €, dos que concedeu 3.160.984 €