Atrás

Industria anuncia a concesión definitiva das axudas para a dixitalización das pemes turísticas

Atrás
24/10/2024

Industria anuncia a concesión definitiva das axudas para a dixitalización das pemes turísticas

A Secretaría de Estado de Turismo anunciou a concesión definitiva da segunda convocatoria do programa de axudas Última milla para a dixitalización das pemes turísticas.

A convocatoria establece un orzamento máximo de 104.064.551 €. Seleccionáronse 364 beneficiarios, sendo o importe total concedido de 69.597.640 € (66,88% do total orzamentado). Entre os beneficiarios hai 18 entidades galegas, que obtiveron 2.201.345 € (o 2,41% do total concedido).

O obxectivo é financiar a implantación de proxectos tecnolóxicos singulares e transformadores en empresas turísticas. Así o anunciou a secretaria de Estado na súa comparecencia ante a Comisión de Industria e Turismo do Congreso dos Deputados, na que deu conta das actuacións que está a levar a cabo o Goberno de España para afrontar os retos da industria turísitica. Explicou que estas axudas perseguen o obxectivo de conseguir que as empresas do sector turístico, na súa gran maioría pequenas e medianas, avancen cara á dixitalización intelixente.