Atrás

Industria aproba a resolución provisional de 71 proxectos innovadores da industria manufactureira por un importe de 103,9 millóns

Atrás
22/09/2022

Industria aproba a resolución provisional de 71 proxectos innovadores da industria manufactureira por un importe de 103,9 millóns

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo publicou unha resolución provisional da línea de axudas a plans de innovación e sostenibilidade no ámbito da industria manufactureira no ano 2022, dentro do marco do PRTR, da que se beneficiaron 71 proxectos, movilizando un investimento público de 103,9 millóns de euros entre préstamo e subvención. Do importe total aprobado, 24,6 millóns de euros corresponden a subvención directa e 79,3 millóns de euros de préstamo a tipo cero.

Cataluña e a Comunidade Valenciana  son as comunidades autónomas con maior número de concesións provisionais, un total de 29 e 12, respectivamente. Un proxecto galego, cun orzamento financiable de 7.267.850 euros recibirá unha subvención de 726.785 euros e un préstamo por importe de 5.087.495 euros, segundo establece a resolución provisional, o que supón un 3% sobre o importe total de concesión e un 6% sobre o importe total de préstamos incluídos na devandita resolución.