Estás en:
Industria concede axudas por valor de 207 millóns de € a 89 proxectos para a mellora do patrimonio histórico con uso turístico
Industria concede axudas por valor de 207 millóns de € a 89 proxectos para a mellora do patrimonio histórico con uso turístico
O Ministerio de Industria e Turismo anunciou a resolución definitiva da liña de axudas do Programa de Mellora da Competitividade e de Dinamización do Patrimonio Histórico con uso turístico. Un total de 89 proxectos recibirán 207,6 millóns de euros para mellorar o uso turístico de Bens de Interese Cultural (BIC). Os proxectos seleccionados, repartidos en 13 comunidades autónomas, elixíronse pola súa viabilidade e potencial turístico, e están dirixidos á conservación, mantemento, posta en valor e rehabilitación dos Bens declarados de Interese Cultural para uso turístico.
Entre os beneficiarios, hai 4 entidades galegas que obtiveron un total de 9.603.123€ (o 4,62% do total concedido). O detalle das entidades é o que a continuación se menciona:
CIF | Beneficiario | Nombre del Proyecto | Importe ayuda (€) |
P3600000H | Deputación Provincial de Pontevedra | Proxecto de mellora patrimonial do Castelo de Soutomaior a través da iluminación, a accesibilidade e tecnoloxías de realidade virtual | 2.514.122 |
P3600500G | Concello de Caldas de Reis | Xardín Botánico e Carballeira de Caldas de Reis. Museo Aberto 24/7 | 1.452.000 |
P3201400C | Concello de Boborás | Mellora da competitividade do conxunto histórico de pazos de Arenteiro en Boborás (Ourense) | 2.637.003 |
P1500400E | Concello de Ares | Mosterio de Santa Catalina de Montefaro, Ares, A Coruña. | 2.999.998 |
TOTAL | 9.603.123 |